viernes, 9 de octubre de 2009

Comentaremos traballos realizados o ano pasado nesta mesma asignatura.

Radiactivos é unha web que nos aporta bastante información sobre o mundo radiofónico. Deste modo, indícanos aspectos de grande utilidade como a programación de varias emisoras significativas deste país. Tamén podemos coñecer outros datos como as audiencias. En definitiva, faltalle un toque de pementa.

Quetequero é unha web cunha estructuración óptima que fomenta a interactividade cunha linguaxe accesible. Adopta un deseño con peculiaridades femininas, recordando a unha revista, e recorre ao comic para ilustrar a páxina. Parece un pouco erotico, á que só lle faltan un servizo de venda de perservativos.

Tutti frutti. Amósanos toda a paridade relacionada con esta formación musical. Botamos en falta a interacción cos membros a través de foro. Destaca sobre todo o colorido, aínda que opta por un deseño sinxelo. Ten mensaxes subliminais persuasivos

Ken & The Dolls. Web acerca dun grupo de música con este mesmo nome. Aporta moitos datos sobre a formación, desde o aspecto biográfico ata concertos e discografía. Maior seriedade no deseño, permitindo a escoita dos temas máis destacados deste grupo. Nótase que este grupo é mais falso que Milli Vanilli, aparte de que non venden un disco nin pagando eles

Zapa. Destaca a complexidade na animación dos seus contidos, aínda que un pouco lento ao comezo. Non obstante, abonda a información sobre Zapa. Aporta artigos de caracter crítico e permite escoitar cancións do artista. Un aspirante a Risto Mejide.

Artesala. O cinema é o grande protagonista do deseño gráfico, aínda que non faltan outros aspectos audiovisuais, como poden ser a fotografía, a música ou a literatura. Presentación elaborada aínda que non moi rápida. Usa o humor nos seus comentarios. A presencia de Outeiriño dalle un toque de seriedade e elegancia.

Minimalab. Elixen a arte como referente central do seu deseño gráfico. Semella unha publicación interactiva sobre decoración, se ben é certo que é un pouco escasa de contido.

Oitenteiros. Transpórtanos a ese mundo que nalgún momento da nosa vida quedará na nosa lembranza. Quen non se acorda do Xabarín (aquel porco bravo) e o típico bocadillo de Nocilla.
Podemos escoitar grandes éxitos musicais, cantados unha e outra vez, ou as míticas series de debuxos animados.

Aolímite. Páxina deseñada e dirixida aos intereses dos estudantes universitarios. Ademais serve como guía de moita utilidade, indicando lugares, receitas ou actividades. Suxire ideas para non ser "El último Superviviente, comendo bichos" . Dinamismo e recorre as figuras animadas.

Guioniza. Sinxelo e sobrio deseño pero abonda a información para vostedes, ¡Comunicadores Audiovisuais! Esta información semella extraída da páxina máis utilizada polos estudantes, El Rincón del Vago.

Wonderful5. A canción que soa é un pouco cansina, xa poderían cambiala. A información aportada é un tanto escasa. Parecen debuxos animados de carne e oso, recordando a Patrulla X; coma se fosen superheroes. Contido case nulo. Moitos ilustracións

Conclusión

Seguiremos informando, se a lacazanería o permite. UN SAÚDO, DE LACAZÁNS A LACAZÁNS

No hay comentarios:

Publicar un comentario