domingo, 18 de abril de 2010

Comentarios das páxinas web: Alberto Mato Vázquez

1. Frikisports
Penso que o deseño desta páxina web está bastante logrado e parece bastante acorde cos contidos que se amosan. En canto a estes, parece que a información, aínda que breve, resulta sinteticamente reveladora (¿para que escribir máis?). Está bastante organizada co menú da esquerda que permite acceder as distintas páxinas e, en canto á funcionalidade, o único aspecto negativo a destacar sería o non funcionamento do botón de inicio. Nota: 7,5.

2. Bang
Creo que o deseño desta páxina está moi logrado. Moi sinxelo e sen complicacións. Todo está organizado cun menú abaixo que permite ir a calquera parte da páxina e un botón máxico no título que permite ir sempre á páxina principal. O contido é breve, pero en páxinas deste tipo non se poden introducir unha gran cantidade de contidos, senón só o mínimo e indispensable. Por último, en canto a funcionalidade, o único erro que vexo e que no apartado de “equipo”, cando clicas nun personaxe, non podes clicar no personaxe de “Amanda”. Nota: 8.

3. Revolucine
O deseño da web encaixa ben co que pretenden amosar ao público. Tamén todo resulta organizado perfectamente, con un menú principal e un botón máxico no título. O aspecto máis negativo desta páxina é o scroll lateral que aparece nalgunha das súas páxinas. E, por último, non ofrece moitos contidos pero, nunha páxina deste tipo, máis contidos sobrarían. Nota: 7.

4. Maldia
O aspecto máis logrado desta web é o deseño acorde totalmente cos contidos da mesma. A organización tamén está bastante lograda, mesmo cun menú emerxente no apartado multimedia. Non obstante, creo que, a pesar de ser unha web acerca dun grupo de música, falta máis información acerca do mesmo. Por último dicir que funciona perfectamente e resulta moi sinxelo navegar pola mesma. Nota: 7.5.

5. As tres en punto
Páxina web chea de contidos cun deseño bastante acorde coa mesma. Cómpre dicir que está bastante organizada pero, creo que resulta un erro que se reivindiquen como grupo aportando despois tan pouco traballo en equipo. Por último, non sei se é cousa do ordenador no que estou traballando pero no apartado de olalla non dou conseguido visualizar os debuxos, os cadros e as manualidades. Nota: 7.

6. Neosteridad
Resulta agradable o deseño da páxina, acorde cos seus contidos pero non tanto a tipografía que non concorda sempre. Por outra parte, a páxina está ben organizada, sobre todo, no apartado de campañas. É doado navegar pola mesma pero bótanse en falta contidos para encher a páxina. Nota: 7.

7. As de corazóns
O deseño desta páxina di moito acerca da mesma. Ofrece uns contidos divertidos que non a fan pasar desapercibida. Merece a pena destacar o xogo feito en flash incriblemente divertido. Non obstante, en canto á funcionalidade, existen algúns enlaces rotos e resulta complicado volver á páxina de inicio. Nota: 6.5.

8. Madreselva
Páxina moi ben construída cun deseño moi acorde cos seus contidos (factor fundamental, na miña opinión). Os contidos tamén resultan moi interesantes, estruturándoos de maneira sintética e clara. Resulta moi sinxelo navegar pola mesma, e o único aspecto que me chocou foi o de utilizar dous menús iguais. Non me parece necesario. Nota: 9.

9. Chita fan club
Esta páxina ofrécenos uns contidos que resultan ao mesmo tempo interesantes e divertidos. O deseño da mesma é totalmente afín aos seus contidos. As cores amarela e verde concordan perfectamente. Resulta moi gracioso o feito de que as “C” escritas na páxina sexan bananas. O único que resulta molesto é o scroll lateral. Nota: 8.

10. Transportes M. Gesteira
Trátase dunha páxina moi profesional na que os contidos resultan un pouco escasos. Non obstante, a funcionalidade e organización da mesma resultan perfectos. O que non concorda moito coa web é o logo da empresa co que estaría máis acorde outro tipo de debuxo. Nota: 7.

11. Deporte no es sólo fútbol
Web cunha gran cantidade de contidos nun entorno pouco explorado. Quizais o deseño non estea de todo acorde en toda a páxina pero resulta bastante afín aos contidos. A funcionalidade é correcta así como a organización dos contidos. Nota: 8.5.

12. Mequetrefes
Boto en falla algo máis de información nesta páxina. Non obstante, paréceme realmente bo o estilo da mesma. A mestura das cores está ben e concorda coa páxina. Ademais, pódese navegar facilmente pola mesma e todo está ben organizado con distintas pestanas en cada un dos apartados do menú. Nota: 7.

13. Se te va la olla
Esta páxina esta orientada a un público moi concreto (quizais demasiado) e por iso podería faltarlle público na rede. Non obstante, creo que o deseño e as cores utilizadas concordan cos temas tratados e co público tratado. A organización é boa pero existen enlaces rotos. Nota: 6.

14. Mastercav´s
Páxina moi completa cunha gran variedade de contidos. Introdúcense vídeos e información de cada un dos alumnos de clase. O deseño tamén está moi ben xogando coas cores do tapete das cartas e cun menú orixinal. Ademais, resulta moi sinxelo navegar pola mesma e non existen erros en canto a funcionalidade. Nota: 9.
15. SMdB
Páxina tremendamente orixinal. Sen dúbida a que máis me gustou de todas. O deseño paréceme tremendamente complexo e tanto a voz como as cores da páxina concordan claramente cos contidos. Ademais, funciona á perfección e está organizado de maneira sinxela (por orden alfabético). Nota: 9.5.

"Si vas a decir eso cada vez que haga una estupidez, no tendré más remedio que dejar de hacer estupideces" (Homer Simpson)

Sen máis tonterías, imos comezar coas críticas despiadadas sobre as webs realizadas polos nosos compañeiros e coa valoración sobre a que fixemos nos.

FRIKISPORTS. 7,5

O deseño non acaba de gustarme. Coa animación inicial parece que entraremos no inferno, pero atopámonos cun ambiente divertido e ameno. Penso que abonda a cor branca, que tampouco me satisfai.
Os contidos son variados, e ben estructurados; o modo ranking é un bo exemplo disto. Deixan entrever a existencia do elemento friki no mundo do deporte.
Esta páxina permite pasar momentos divertidos. Os tests que nos propoñen inclúen opcións disparatadas de resposta, e o foro permite a interacción do usuario.
Gústame as ofertas de merchandising e a presencia de Drenthe.

BANG. 8,5

Trátase dunha páxina ben deseñada, con cores oscuras, pero ben combinadas coa letra que propoñen. Todo isto, acorde coa idea de tipo de cine que nos están a contar.
Os contidos estrutúrase cun menú variado, coa funcionalidade de coñecer todos os aspectos que conlevan a creación dunha obra cinematográfica, desde a sinopse ata a ultima peza de producción.
A estrutura da páxina é sempre a mesma, unha elección acertada. A presencia do mesmo título e menú en todas as páxinas permite unha cómoda navegación pola páxina.

REVOLUCINE. 8

Paréceme un bo deseño, semellando unha película de vídeo. Non obstante, hai algún detalle que non me convence, como por exemplo a páxina principal, na que non hai animación nin aspectos que enlacen, aparte da propia imaxe. A animación de inicio, non me gusta ese fondo verde, pero iso é un detalle nimio.
Polo demais, paréceme unha páxina de gran calidade, cun menú realizado con bastante nivel, e uns xogos moi interesantes para o usuario. Tamén destacar a presencia de elementos propios, como fotos de rodaxe...

MALDÍA. 7,5

A funcionalidade da web está clara: baséase sobre un grupo de música. Por iso, cómpre destacar que os contidos versarán principalmente sobre este tema: novidades, música, contacto, compoñentes...
Con respecto ao deseño, destacar o mesmo detalle que o anterior caso: comeza cunha imaxe fixa, sen animación nin enlace mais aló da propia imaxe. Pero o resto da páxina solvéntase dunha forma sinxela, sen moita complicación, pero ben feita.
Os contidos son varios e cunha boa estructuración

AS TRES EN PUNTO. 8,5

A estructuración desta páxina é o aspecto que máis destaca nela. Os contidos atópanse ben organizados e non permiten que o usuario se perda, axudando a atopar todo o que buscamos. A funcionalidade é absoluta: permite coñecer as expectativas de tres artistas en progresión.
Esteticamente, é unha páxina atractiva. A elección de determinados decorados de páxina, ou as tipografías utilizadas poden chegar ao visitante. Ademais, apréciase nivel nos textos, debuxos e traballos que amosan.
Por último, destacar que a páxina está moi currada.

NEOTERISTAD. 8

Atopo o mesmo problema que outras páxinas: comezo con imaxe sen animación nin enlace de entrada. Aínda así, isto non empaña a boa labor deste grupo.
O primeiro que se pode observar é unha cita filosófica, para demostrar as súas ideas. Ao pasar a primeira páxina, pódese observar un plug-in de espera, cunha clara finalidade estética.
Queda ben o establecemento do menú lateral, para que sexa facil a navegación. Da mesma forma, gústame a combinación de imaxes, fondo e tipo de letra, asi como a variedade de contidos e recompilación de traballos de distinta fonte.
Agrádame o menú inferior que, como diría Celeiro, hai que ter en conta a "lei de protección de datos".

AS DE CORAZÓNS. 7

Centran a súa atención nos contidos, algo parecido ao noso problema. Un dos aspectos que mais me gustaron é que practicamente todo o que fixeron é de colleita propia, por exemplo en fotos e vídeos.
A funcionalidade desta páxina web é o aspecto humorístico, facerlle pasar un bo momento ao espectador da páxina. A estruturación dos contidos é moi acertada, pero o deseño non remata por convencerme, malia que se adecúa ao que buscan

MADRESELVA. 10

Que se pode dicir sobre isto?. Nada mais que indicar que nos movemos en campos diferentes.
Aqui estamos cun deseño próximo ao profesional, cunha estética claramente relacionda co tema proposto. A estructuración dos contidos é moi adecuada, e a funcionalidade evidente. Os contidos son variados e de calidade (iso sabémolo moi ben por cousas obvias)

CHITA FAN CLUB. 7

O deseño non me gusta. Parécenme unhas cores que non combinan coa imaxe de fondo.
Pero isto é unha situación acontecida en varias web, como por exemplo a nosa.
Os contidos, de interese, atópanse cunha estruturación óptima, podendo atopar diferentes tipos de contido en varios lugares diferentes.
A funcionalidade da páxina aporta unha idea, crear algo semellante ao Xabarín Club, pero nunha versión mellorada. Boa labor de documentación de contidos

M. GESTEIRA. 8,5

Só hai un aspecto na web que non me gusta de todo, o fondo branco. Non obstante, o resto está realizado con boas perspectivas.
O deseño pode parecer moi sinxelo, pero iso é do que se trata. Ofrece detalles de todo o que debe aportar, e a estrutura é a adecuada.
A funcionalidade é clara: crear unha páxina web sobre unha empresa. Para iso, apoiase dos contidos que nos mostra.

MEQUETREFES. 7,5

O deseño non me parece o mais acertado (bueno, hai páxinas peores, sen nomear ningunha de deportes). Non obstante, as seguintes páxinas animan a estrutura da páxina.
A tipografía é extraña, pero outorga maior dinamismo.
Pero falemos de aspectos positivos. A páxina está ben estructurada, e a funcionalidade está clara: o tratamento dunha páxina propia dun grupo de teatro.
A extravagancia desta páxina é o que me gusta dela.

SE TE VA LA OLLA. 7

Queda claro que se lle foi a olla con esta páxina. O deseño ten unhas cores un tanto fashion, e as letras posúen unha tipografía dinámica.
A páxina está ben estruturada. Menú superior, para poder atoparnos dentro da páxina.
Pero só hai un detalle que falla: os enlaces. Non vou valorar este aspecto na miña valoración, posto que está todo en mans de Marita (a ver que pasa).
Os contidos non se poden calificar polo erro dos enlaces, pero é de supoñer que son amplios e diversos.
A funcionalidade estaría marcada polo público ao que vai dirixida, a xente xove.

MASTERCAVS. 8

O deseño non me convence por completo no uso das cores e do fondo. Pero nótase que se trata dunha páxina ben traballada, tanto nos contidos como na estruturación dos mesmos.
A páxina principal, deixando a un lado o tema da estética, boto en falta un pequeno detalle: unha pequena descrición debaixo dos ases que nos presenta, para saber que aí nos temos que dirixir.
Pero os contidos nótase que foron escollidos nunha ardua tarefa de selección dos mesmos. A estruturación da páxina é óptima e adecuada. A funcionalidade da mesma serve para deixar ver o que vale un CAV.

SMDb. 9,5

Antes de valorar esta páxina quixera facer un comentario, e espero que ninguen se enfade. Penso que hai que estar trallado para facer unha páxina sobre Satán. Xa está.
No que respecta puramente á web,que é o importante, o deseño está moi ben elaborado, e os contidos están buscados e rebuscados.
O detalle da espalda coas letras e os números que, ao seren pulsados abren varios menús, son o resultado dun bo proceso de elaboración da web. Desta forma, estrutúranse os contidos.
Para rematar, so sinalar que a funcionalidade da páxina é atopar a relación do Cine con Satán e que penso que o conseguiron.


DEPORTE NO ES SOLO FUTBOL. 5

Para analizar a web que fixemos, vou tentar de ser o máis sincero posible. Se digo que é unha marabilla, estaría a mentir e se digo que é unha merda, estaría sendo moi duro.
Por que unha nota baixa? Principalmente, porque o nivel de esixencia que nos marcamos é elevado. E como é tan alto, penso que o podiamos facer notablemente mellor.
Segundo, penso que cometemos varios erros na elaboración da web, caso das cores, do fondo, da estética, da resolución...; fallos que, ao ler os comentarios que realizan os demais, penso que quedan en evidencia.

Pero tamén conseguimos aspectos bos, como a estruturación da páxina, os pasatempos, os enlaces (que nos tocaron moito as narices), os contidos...

E mais, ao observar as demais páxinas, caemos en aspectos que poderiamos mellorar, e ese é o principal defecto da nosa páxina: ver que os demais fixeron cousas que nos non fomos capaces de facer.


D. ANTONIO

COMENTARIOS SOBRE AS WEBS

FRIKISPORTS:
Gustáronme varias cousas desta web: a pantalla de benvida que aparece mentres cargan os contidos, os top 10, o test... O fondo con tons marróns persoalmente é do meu agrado, pero non sei se será o máis adecuado para este tipo de páxina. Ademais, aínda que os contidos son enxeñosos e orixinais, penso que son un pouco inconexos e que, algúns deles, tal como están plantexados, teñen pouco que ver cos deportes. Os menús son moi funcionais, aínda que creo que o enlace ao foro debería estar máis á vista (por certo, moi boa idea crear un foro). Un 7'5.


BANG:
A estética desta web paréceme moi acertada, especialmente a tipografía. É fácil navegar por ela. Bonito detalle o das pistolas para acceder á foto anterior ou seguinte. Os contidos están moi ben, son moi realistas, a pesar de ser creados para a ocasión. O que si, quizais estaría ben que afondásedes un pouco máis na descrición dos personaxes, e que as fotos pasasen máis amodo. O mellor de todo, claramente, é o tráiler: espeluznante, e seguramente daría pé á realización dunha gran película. Un 9.


REVOLUCINE:
A introdución co nome da web é un detalle a ter en conta; non obstante, tal como está plantexado, está un pouco de máis. Na miña opinión, sería totalmente útil se tivese algo de movemento e un botón no que facer click para entrar na páxina. A banda verde do Index paréceme acertada, xa que dá un pouco de "vidilla". Os menús, en xeral, están ben. Os contidos, obviamente, están moi relacionados co cine; aínda así, son algo inconexos. Creo que se deberían centrar nun aspecto máis concreto do cine. Ademais, penso que deberían coidar máis o tipo de letra (utilizar o mesmo en todas as seccións). E como aspecto positivo, salientar os tests, moi "currados", e máis o apartado "Redes", que non ten que ver estritamente co cine, pero que lle dá un toque orixinal á páxina. Un 8.


MALDIA:
É unha web que cumpre perfectamente co seu cometido. Teñen o mesmo "problema" ca os de Revolucine no tema da introdución para acceder á páxina. A estética é moi sinxela, sobria, pero totalmente acorde co estilo do grupo. Poucas cousas negativas podo dicir, a verdade. Quizais algún apartado quedou sinxelo de máis (concretamente, o de "Enlaces") e ó mellor o tipo de letra tampouco é o máis adecuado. Tamén boto en falta un foro (aínda que o tema da interacción entre o grupo e os seus seguidores queda suplida cos enlaces a redes sociais). É moi fácil navegar pola páxina, e os contidos están ben organizados e son os xustos, nin máis nin menos. Moi ben. Un 9.


AS TRES EN PUNTO:
Un dos puntos fortes desta web é a organización dos contidos. Está perfectamente delimitado onde empeza e onde acaba a obra de cada unha destas artistas; polo tanto, é unha web totalmente funcional. Ademais, a estética paréceme moi boa para este tipo de páxina, e dálle unha certa personalidade ás artistas. Os menús están perfectos. Porén, dous aspectos negativos: un, non se ven algúns contidos; dous, boto en falta un elemento máis claro que poña en común estas tres traxectorias artísticas, aparentemente independentes (pode que esa función a cumpra o vídeo, pero é que tampouco se ve, unha pena). Aínda así, moi ben. Un 9.


NEOTERISTAD:
Penso que o botón para acceder á páxina debería ser máis grande, ou, polo menos, ter algunha indicación máis clara de que ese é o botón no que hai que premer para entrar. A web, no seu conxunto, ten un aire moi profesional, que é do que se trata (neste sentido, destacaría o tipo de letra escollido). Os contidos están ben organizados, aínda que si que boto en falta algún contido feito en realidade por vós mesmos, e quizais tamén unha descrición máis ampla dos membros desta empresa de publicidade. O mellor de todo paréceme o apartado "Campañas", cos vídeos na parte inferior da pantalla. Moi ben. Un 8'5.


AS DE CORAZÓNS:
A estética é bastante axeitada para esta web. O que si, a letra Times New Roman dos textos non me acaba de convencer. Os contidos están ben estruturados; son enxeñosos; non predomina o contido escrito, senón que hai bastante alternancia con contido multimedia; pero boto en falta quizais algunha entrevista máis, simplemente por encher un pouco o menú que aparece no apartado "Entrevistas". Os vídeos e as fotos "marca da casa" son un puntazo. Paréceme orixinal o xogo dos rompecorazóns, que nun principio non se esperaría deste tipo de páxina. O peor de todo, sen dúbida: algunha imaxe non se ve e algúns enlaces non funcionan (unha verdadeira pena!). A pesar disto, bastante ben. Un 8.


MADRESELVA:
Esta páxina ten moi poucos apartados no menú, pero é que realmente esta web non pide máis. A estética é totalmente acorde co tema, a navegabilidade non pode ser máis doada (bo detalle o do menú na parte superior e duplicado á esquerda), os contidos son os xustos (non sobra nin falta), o blog é curioso... Moi graciosa a mariquita. Detrás desta simpleza agóchase unha web sinxelamente perfecta. Noraboa, Isaac! Un 10.


CHITA FAN CLUB:
Desta web destacaría o logo e o emprego das cores. Polo tanto, moi ben en canto á estética. Non obstante, o tipo de letra paréceme clásico de máis para esta temática, e hai, dende o meu punto de vista, demasiado espazo baleiro. Os contidos multimedia (fotos e vídeos) quizais deberían ir estruturados doutro xeito precisamente para cubrir ese espazo. Detalle a ter en conta o marco amarelo das fotos e a cara de Chita en lugar das frechas. Os contidos son orixinais e divertidos e a navegabilidade é fácil. Un 8.


M.GESTEIRA:
A estética é acorde co tema tratado. Ten un estilo moi clásico, que nos remite ao carácter familiar da empresa. É doado navegar pola web. Como aspectos negativos: talvez está un pouquiño escasa de contido, o logo non me parece o máis axeitado e o mapa de "Rutas" tampouco me parece o mellor, xa que a actividade se reduce á provincia de Pontevedra. Aínda así, ten mérito facer toda a páxina en Flash. Moi ben. Un 8'5.


MEQUETREFES:
A introdución é demasiado simple para o meu gusto. De todos modos, o logo paréceme moi acertado, xa que lle dá moita identidade á web e á Asociación Mequetrefes. Persoalmente, non me acaba de convencer o emprego de distinta tipografía, aínda que hai que recoñecer que é moi orixinal e que contribúe a crear esa identidade. O emprego das cores paréceme bo, moi acorde co estilo que lle queredes dar ao grupo de teatro. Os contidos son idóneos, están ben organizados, aínda que o apartado "Novas" me resulta un pouco caótico (pero supoño que terá que ver co tema da identidade). A navegabilidade é doada e a web resulta moi funcional. A destacar tamén o detalle dos sinónimos da palabra "mequetrefe" para falar dos compoñentes do grupo. O que si, boto en falta algunha cousa máis, por exemplo, un anaco dalgunha representación que xa fixérades. Pero moi ben. Un 8'5.


SE TE VA LA OLLA:
Persoalmente, non me gusta este tipo de páxina. Pero hai que recoñecer que ten os contidos adecuados: horóscopo, tests de amor, historias anónimas... Polo tanto, ten un público moi concreto, o cal é importante. A estética quizais sexa demasiado simple, aínda que si que é certo que o rosa é unha cor moi identificativa deste tipo de páxinas. As imaxes para acceder aos distintos menús son boas. A tipografía dos textos (non a dos menús) paréceme clásica e, polo tanto, nada adecuada para unha web destas características. Fáltalle un pouco de "vidilla" a esta web, resulta pouco atractiva incluso para o público para a que vai dirixida. A navegabilidade, mirando para o menú, parece doada, pero iso... mirando para o menú, porque tedes un problemón cos enlaces... Voume abster de puntuar esta páxina ata que non se solucionen estes problemas (sería inxusto pola miña parte dar unha puntuación).


MASTERCAV'S:
A páxina ten unha estética que talvez non a faga a páxina máis atractiva do mundo, pero é interesante o xogo que facedes cos tons verdes. Tamén é orixinal o uso que facedes da baralla para designar os distintos menús; non obstante, boto en falta unha aclaración de qué vai cada apartado. Sen dúbida, hai que destacar a gran labor de recollida de información que realizastes. Penso que esa é a vosa mellor "baza" (falando en termos de naipes). Xa por non falar da campaña de promoción gratuíta que nos facedes a todos/as os/as CAV's, o cal é de agradecer. Polo tanto, os contidos, moitos e ben organizados. A navegabilidade é bastante doada, pero sería mellor que non se abrise unha nova ventá independente da do índice. Destacar tamén o carácter multimedia da páxina (mirastes ata debaixo das pedras para atopar vídeos). E xa por último, unha pequena pega: sería máis cómodo que non houbese scroll na parte inferior da pantalla. Pero moi ben. Un 8'5.


SMDb:
Sen dúbida, esta é a páxina coa estética máis orixinal. É un puntazo. E os contidos tampouco quedan atrás. Están perfectamente organizados e son froito dun importante labor de documentación. Non obstante, ten algo malo: en resolucións superiores a 1024, os textos e os vídeos vense nun tamaño demasiado pequeno, polo que sería mellor perder un pouco da orixinalidade propia de que se abra todo na mesma ventá, en favor de que se poida ler a información. Pero vamos, moi ben. Un 9.

---

DEPORTE NO ES SOLO FÚTBOL:
Uf... Que podo dicir sobre a miña web? A verdade é que ten uns cantos fallos, empezando polo deseño, que é pouco apropiado. Tamén podería falar dos menús, que deberían aparecer en todos os apartados (tanto o menú superior coma o inferior). Despois tamén tivemos fallos coa resolución, xa que traballamos para 1024 píxeles e descoidamos a estética para resolucións superiores. E máis cousas que mellor gardo para min porque, se non, non acabo.

Non obstante, creo que a nosa web ten varios puntos positivos que hai que ter en conta tamén:

1.- En primeiro lugar, o título da web e máis o tema, moi orixinal e pouco explotado. Ante todo, os integrantes do "Recuncho dos Lacazáns" buscamos un tema con esas características, e penso que acertamos. Ademais, polo que puiden comprobar, existen moi poucas webs coma a nosa, na que se recopilen datos sobre moitos deportes "raros" (mellor deixémolo en menos coñecidos). Polo tanto, a nosa páxina cubriría un nicho de mercado con pouca competencia se o comparamos con outros.

2.- En segundo lugar, debo falar do foro. A idea de crear un foro estivo na nosa cabeza dende o principio. Considerabamos fundamental a participación dos visitantes á nosa web. Dalgún xeito, a nosa intención sería crear unha pequena "familia", onde os amantes destes deportes se sentisen a gusto e compartisen os seus intereses con outras persoas. Tamén destacaría o feito de que non é necesario rexistrarse no foro para participar nel.

3.- Hai que ter en conta tamén a labor de documentación á que nos sometimos. Non puidemos falar de bastantes deportes que quedaron no tinteiro; non obstante, penso que finalmente recopilamos unha cantidade moi considerable de información.

4.- Ademais, fixemos unha serie de pasatempos, que penso que quedaron bastante ben, e cos que lle quixemos dar á páxina un grao de dinamismo, máis que nada para non centrarnos só na recopilación de datos.

5.- Coidamos moito o tema dos enlaces. Non queriamos que houbese erros nese aspecto. Así mesmo, intentamos que o menú facilitase a navegabilidade.

O caso é que creamos unha páxina web coas súas virtudes e tamén cos seus defectos. En todo caso, non me gustaría rematar sen facer referencia á actitude do grupo, cun afán constante por subsanar os erros na medida do posible e dentro das nosas capacidades e dos nosos coñecementos.

É imposible ser obxectivo ao 100% co traballo de un mesmo. Pero bueno, se hai que poñer nota... pois un 7.


BORJA NEIRA

viernes, 26 de febrero de 2010

ENDEREZOS DOUTROS BLOGS

A petición de Marita, engadimos os enderezos dos blogs dos outros grupos (na parte esquerda da pantalla).

Saúdos

domingo, 24 de enero de 2010

dereito e propiedade intelectual

O tema que escolleron os nosos compañeiros de Cabalo Feliz era un tanto complicado e dificil de tratar, dado que os temas xudiciais conlevan grande complexidade.
Pero os nosos compañeiros non teñen medo a nada e atrevéronse con isto.

A súa explicación versa sobre a a propiedade intelectual e o dereito de uso de arquivos e ou contidos doutras plataformas, e sobre se este aspecto conleva á ilegalidade ou se polo contrario, estamos diante de temas legais.
A exposición xira en torno ao tema da piratería e a apropiación de material axeno, como pode ser a música descargada do Internet. Pero a lexislación regula estos aspectos en forma de leis ou de cánones.

O grupo apoiase en numerosos exemplos para explicar o tema, xa que se se centrasen só en citar a lexislación sería moi fatigoso. Por iso, amósannos varios vídeos acerca de avogados que dan a súa versión sobre a legalidade e a propiedade intelectual.
Outro aspecto a tratar é o tema da SGAE. Este grupúsculo que defende a propiedade intelectual de algúns, impoñendom o seu cánon dixital.

Os nosos compañeiros aportan exemplos acontecidos en relación a este tema, véxanse os casos de Ivan Ferreiro o caso de Los Planet, en consonancia co dereito e a reclamación da propiedade intelectual.

Persoalmente, e como xa comentei nalgún blog, quero citar o coñecido caso de Telecinco e LaSexta polo polémico uso de imaxes. Creo que Telecinco pasouse un pouco no tema, xa que, na miña opinión, La Sexta respetou a propiedade intelectual, posto que en ningún caso, ofreceu as imaxes como súas.

video na web

A exposición estivo marcada pola falta de tempo, o que non lles permitiu un maior desenvolvemento da súa teoría.
Aínda así, puideron explicar importantes aspectos, como os tipos de resolucións necesarias para subir vídeos ou varios exemplos de páxina web que se adican a almacenalos, tipo Youtube ou Metacafe.

Por outro lado, explicaron moi ben o tema de páxinas que permiten a visualización de contidos televisivos, mesmo en directo, com Telecinco ou LaSexta, ou outros que nos permiten a visualización de series ou programas (unha das mais coñecidas é Series Yonkis)

A falta de tempo da exposición suplírona con exito debido á unha actualización na súa bitácora (Buacando a Wally), onde entre outras cousas, explican como se sube un vídeo a unha páxina web.

O recuncho dos lacazans opina que foi unha boa explicación malia os problemas anteriormente citados

deseño para o usuario

A exposición amósanos que o obxectivo dunha páxina web é a facilidade de uso para o visitante. Para isto, ofrécennos varias pautas para a realización de webs orientadas a axuda para o usuario da mesma.

A portada debe anunciar e comunicar de xeito inmediato; o propósito da web debe ser claro e explícito. O deseño debe afrontarse dun modo consistente, cun estilo uniforme e unha identidade estilística en toda a estrutura da mesma (o usuario debe de familiarizarse de forma intuitiva coa páxina)
É importante atopar follas de ruta e menús de navegación, ou evitar a excesiva implantación de información, que debe estar estructurada.

A páxina debe adaptarse a condicións de credibilidade. A información ten que apreciarse cunha propia arquitectura, con xerarquización, unha boa presentación e interactividade. Para rematar, ofrécennos as condicións de bo deseño, onde destaca, a innovación pu a durabilidade.

Queremos resaltar finalmente que a exposición foi un tanto teórica, botando en falta algún exemplo mais