Comentarios das páxinas web: Alberto Mato Vázquez
1. Frikisports
Penso que o deseño desta páxina web está bastante logrado e parece bastante acorde cos contidos que se amosan. En canto a estes, parece que a información, aínda que breve, resulta sinteticamente reveladora (¿para que escribir máis?). Está bastante organizada co menú da esquerda que permite acceder as distintas páxinas e, en canto á funcionalidade, o único aspecto negativo a destacar sería o non funcionamento do botón de inicio. Nota: 7,5.
2. Bang
Creo que o deseño desta páxina está moi logrado. Moi sinxelo e sen complicacións. Todo está organizado cun menú abaixo que permite ir a calquera parte da páxina e un botón máxico no título que permite ir sempre á páxina principal. O contido é breve, pero en páxinas deste tipo non se poden introducir unha gran cantidade de contidos, senón só o mínimo e indispensable. Por último, en canto a funcionalidade, o único erro que vexo e que no apartado de “equipo”, cando clicas nun personaxe, non podes clicar no personaxe de “Amanda”. Nota: 8.
3. Revolucine
O deseño da web encaixa ben co que pretenden amosar ao público. Tamén todo resulta organizado perfectamente, con un menú principal e un botón máxico no título. O aspecto máis negativo desta páxina é o scroll lateral que aparece nalgunha das súas páxinas. E, por último, non ofrece moitos contidos pero, nunha páxina deste tipo, máis contidos sobrarían. Nota: 7.
4. Maldia
O aspecto máis logrado desta web é o deseño acorde totalmente cos contidos da mesma. A organización tamén está bastante lograda, mesmo cun menú emerxente no apartado multimedia. Non obstante, creo que, a pesar de ser unha web acerca dun grupo de música, falta máis información acerca do mesmo. Por último dicir que funciona perfectamente e resulta moi sinxelo navegar pola mesma. Nota: 7.5.
5. As tres en punto
Páxina web chea de contidos cun deseño bastante acorde coa mesma. Cómpre dicir que está bastante organizada pero, creo que resulta un erro que se reivindiquen como grupo aportando despois tan pouco traballo en equipo. Por último, non sei se é cousa do ordenador no que estou traballando pero no apartado de olalla non dou conseguido visualizar os debuxos, os cadros e as manualidades. Nota: 7.
6. Neosteridad
Resulta agradable o deseño da páxina, acorde cos seus contidos pero non tanto a tipografía que non concorda sempre. Por outra parte, a páxina está ben organizada, sobre todo, no apartado de campañas. É doado navegar pola mesma pero bótanse en falta contidos para encher a páxina. Nota: 7.
7. As de corazóns
O deseño desta páxina di moito acerca da mesma. Ofrece uns contidos divertidos que non a fan pasar desapercibida. Merece a pena destacar o xogo feito en flash incriblemente divertido. Non obstante, en canto á funcionalidade, existen algúns enlaces rotos e resulta complicado volver á páxina de inicio. Nota: 6.5.
8. Madreselva
Páxina moi ben construída cun deseño moi acorde cos seus contidos (factor fundamental, na miña opinión). Os contidos tamén resultan moi interesantes, estruturándoos de maneira sintética e clara. Resulta moi sinxelo navegar pola mesma, e o único aspecto que me chocou foi o de utilizar dous menús iguais. Non me parece necesario. Nota: 9.
9. Chita fan club
Esta páxina ofrécenos uns contidos que resultan ao mesmo tempo interesantes e divertidos. O deseño da mesma é totalmente afín aos seus contidos. As cores amarela e verde concordan perfectamente. Resulta moi gracioso o feito de que as “C” escritas na páxina sexan bananas. O único que resulta molesto é o scroll lateral. Nota: 8.
10. Transportes M. Gesteira
Trátase dunha páxina moi profesional na que os contidos resultan un pouco escasos. Non obstante, a funcionalidade e organización da mesma resultan perfectos. O que non concorda moito coa web é o logo da empresa co que estaría máis acorde outro tipo de debuxo. Nota: 7.
11. Deporte no es sólo fútbol
Web cunha gran cantidade de contidos nun entorno pouco explorado. Quizais o deseño non estea de todo acorde en toda a páxina pero resulta bastante afín aos contidos. A funcionalidade é correcta así como a organización dos contidos. Nota: 8.5.
12. Mequetrefes
Boto en falla algo máis de información nesta páxina. Non obstante, paréceme realmente bo o estilo da mesma. A mestura das cores está ben e concorda coa páxina. Ademais, pódese navegar facilmente pola mesma e todo está ben organizado con distintas pestanas en cada un dos apartados do menú. Nota: 7.
13. Se te va la olla
Esta páxina esta orientada a un público moi concreto (quizais demasiado) e por iso podería faltarlle público na rede. Non obstante, creo que o deseño e as cores utilizadas concordan cos temas tratados e co público tratado. A organización é boa pero existen enlaces rotos. Nota: 6.
14. Mastercav´s
Páxina moi completa cunha gran variedade de contidos. Introdúcense vídeos e información de cada un dos alumnos de clase. O deseño tamén está moi ben xogando coas cores do tapete das cartas e cun menú orixinal. Ademais, resulta moi sinxelo navegar pola mesma e non existen erros en canto a funcionalidade. Nota: 9.
15. SMdB
Páxina tremendamente orixinal. Sen dúbida a que máis me gustou de todas. O deseño paréceme tremendamente complexo e tanto a voz como as cores da páxina concordan claramente cos contidos. Ademais, funciona á perfección e está organizado de maneira sinxela (por orden alfabético). Nota: 9.5.
ALEGROME DE QUE CHE GUSTARA O ESTILO DA WEB, SEN DUBIDA O QUE MAIS COIDAMOS. SEN EMBARGO, OUTRO ASPECTO MOI IMPORTANTE Á HORA DE ELABORALA, FOI O DE SUBMINISTRAR SUFICIENTE INFROMACION E, A ESTE RESPECTO, NON NOS GUSTARIA QUEDAR ESCASOS. QUE BOTAS CONCRETAMENTE EN FALTA?
ResponderEliminarMuchas gracias a todos por la valoración de nuestra página. Si queréis leer las nuestras (SMDB) están en: http://blacklogia.blogia.com/
ResponderEliminarGrazas polo esforzo de crítica e autocrítica. Grazas por visitar os proxectos dos vosos compañeiros e definir as vosas preferencias. Deixamos aparcado no camiño o esquema proposto para a análise, pero poucas persoas lle fixeron caso.
ResponderEliminarE grazas por visitar cada blog e deixar os vosos comentarios. Este equipo e Patricia estivestedes aí o pé do canón.
grazas
marotlo
Grazas por participar, obrigatoriamente. Traballastades. As gotas de suor aínda se ven en zonas da AI6. Non sei si Fran se sintirá moi representado, pero houbo entusiasmo e ganas de facer cousas. Eso sí, uns máis ca outros (perdón polo galego). É algo que sabedes perfectamente, pero foi, en xeral, unha promoción boa, ó igual que os vosos compañeiros do curso anterior. Así que estivo ben mentres durou. Felicidades a todos e todas e agardo ver os vosos nomes, nun futuro non moi lonxano, entre oropeis de fama e de cartos.
ResponderEliminarAgora o lado práctico. Como pechades unha etapa, admitín a trámite as vosas valoracións, así que a nota é a que vos decidistesdes co esforzo de revisar e avaliar cada web.
Sumei todas as notas por proxecto e dividin por 43, número total de persoas implicadas no proceso.
Polo tanto, a nota de Deporte no es sólo fútbol é 6,3.
marotlo
Perdón por non apuntar horario de revisión:
ResponderEliminar- hoxe martes, de 18:00-20:30
- xoves e venres de 12:30 a 14:00
-- As notas, por suposto, son provisionais, xa que faltaba o tempo da revisión.
-- Hai 2 equipos, Madreselva e Mequetrefes que van ter máis nota porque entregaron o manual de estilo.
-- Falta a valoración das bitácoras que se incorporará á parte teórica
marotlo
Deseño: sinxelo pero con necesidae de facer algunhas melloras. Polo contido, poderia buscarse un deseño algo máis espectacular e chamativo pero tamén algo máis comedido e doado de manexar. Volver al inicio, volver a pasatiempos tipograficamente é diferente os botóns da parte de enriba e a de final de páxina. O menú inferior que aparece en portada perde a súa vixencia e relevancia ó non verse máis en ningún índice de navegación. Está de adorno xa que non se volve a ver. Certa dificultade de visualización dos enlaces ó coincidir o azul da imaxe co azul dos enlaces. Na portada, o deseño da páxina axústase á resolución elexida
ResponderEliminarFuncionalidade: A navegación entre os países imposta, non é hipertextual, obrigada a ir sempre ó mapa. Non é moi funcional. A navegación das fotos, volver a multimedia, non é tampouco funcional. É imposta e condicionada. A navegación en outros deportes raros, volver a outros deportes, non é tampouco funcional. É imposta e condicionada.
Contido: abundante e ademais coa mención das fontes utilizadas no proxecto. Organización: Podería ser un tanto mellor se reorgaizamos os contidos das páxinas
bó traballo
marotlo
As notas definitivas inclúen
ResponderEliminarProxectos e axustes
Manual estilo: 0,4
Blogs (relación entre número de entradas, participación noutros blogs e resumos exposicións): 0,3, 0,4 ou 0,5
Traballos teóricos e exposicións: 0,3 ou 0,5
marotlo
Temas que entran no exame (deixados na carpeta de traballo e sobre os que tiveron que realizar consultas nos blogs):
ResponderEliminarcadrorecursosmultimedia; colorweb; consejosbuendiseno; deseno_web_xeral; evolucion_web2_0; facilidaduso-variantes_web; fasesproxecto; Guia_Breve_CSS; Guias_estilo; imaxes_web; origenes_animacion; tags_audiencias; tema2_proceso_traballo; tema4.linguaxes; tipografia_web; mapa_Web_2_0.
marotlo