domingo, 18 de abril de 2010

"Si vas a decir eso cada vez que haga una estupidez, no tendré más remedio que dejar de hacer estupideces" (Homer Simpson)

Sen máis tonterías, imos comezar coas críticas despiadadas sobre as webs realizadas polos nosos compañeiros e coa valoración sobre a que fixemos nos.

FRIKISPORTS. 7,5

O deseño non acaba de gustarme. Coa animación inicial parece que entraremos no inferno, pero atopámonos cun ambiente divertido e ameno. Penso que abonda a cor branca, que tampouco me satisfai.
Os contidos son variados, e ben estructurados; o modo ranking é un bo exemplo disto. Deixan entrever a existencia do elemento friki no mundo do deporte.
Esta páxina permite pasar momentos divertidos. Os tests que nos propoñen inclúen opcións disparatadas de resposta, e o foro permite a interacción do usuario.
Gústame as ofertas de merchandising e a presencia de Drenthe.

BANG. 8,5

Trátase dunha páxina ben deseñada, con cores oscuras, pero ben combinadas coa letra que propoñen. Todo isto, acorde coa idea de tipo de cine que nos están a contar.
Os contidos estrutúrase cun menú variado, coa funcionalidade de coñecer todos os aspectos que conlevan a creación dunha obra cinematográfica, desde a sinopse ata a ultima peza de producción.
A estrutura da páxina é sempre a mesma, unha elección acertada. A presencia do mesmo título e menú en todas as páxinas permite unha cómoda navegación pola páxina.

REVOLUCINE. 8

Paréceme un bo deseño, semellando unha película de vídeo. Non obstante, hai algún detalle que non me convence, como por exemplo a páxina principal, na que non hai animación nin aspectos que enlacen, aparte da propia imaxe. A animación de inicio, non me gusta ese fondo verde, pero iso é un detalle nimio.
Polo demais, paréceme unha páxina de gran calidade, cun menú realizado con bastante nivel, e uns xogos moi interesantes para o usuario. Tamén destacar a presencia de elementos propios, como fotos de rodaxe...

MALDÍA. 7,5

A funcionalidade da web está clara: baséase sobre un grupo de música. Por iso, cómpre destacar que os contidos versarán principalmente sobre este tema: novidades, música, contacto, compoñentes...
Con respecto ao deseño, destacar o mesmo detalle que o anterior caso: comeza cunha imaxe fixa, sen animación nin enlace mais aló da propia imaxe. Pero o resto da páxina solvéntase dunha forma sinxela, sen moita complicación, pero ben feita.
Os contidos son varios e cunha boa estructuración

AS TRES EN PUNTO. 8,5

A estructuración desta páxina é o aspecto que máis destaca nela. Os contidos atópanse ben organizados e non permiten que o usuario se perda, axudando a atopar todo o que buscamos. A funcionalidade é absoluta: permite coñecer as expectativas de tres artistas en progresión.
Esteticamente, é unha páxina atractiva. A elección de determinados decorados de páxina, ou as tipografías utilizadas poden chegar ao visitante. Ademais, apréciase nivel nos textos, debuxos e traballos que amosan.
Por último, destacar que a páxina está moi currada.

NEOTERISTAD. 8

Atopo o mesmo problema que outras páxinas: comezo con imaxe sen animación nin enlace de entrada. Aínda así, isto non empaña a boa labor deste grupo.
O primeiro que se pode observar é unha cita filosófica, para demostrar as súas ideas. Ao pasar a primeira páxina, pódese observar un plug-in de espera, cunha clara finalidade estética.
Queda ben o establecemento do menú lateral, para que sexa facil a navegación. Da mesma forma, gústame a combinación de imaxes, fondo e tipo de letra, asi como a variedade de contidos e recompilación de traballos de distinta fonte.
Agrádame o menú inferior que, como diría Celeiro, hai que ter en conta a "lei de protección de datos".

AS DE CORAZÓNS. 7

Centran a súa atención nos contidos, algo parecido ao noso problema. Un dos aspectos que mais me gustaron é que practicamente todo o que fixeron é de colleita propia, por exemplo en fotos e vídeos.
A funcionalidade desta páxina web é o aspecto humorístico, facerlle pasar un bo momento ao espectador da páxina. A estruturación dos contidos é moi acertada, pero o deseño non remata por convencerme, malia que se adecúa ao que buscan

MADRESELVA. 10

Que se pode dicir sobre isto?. Nada mais que indicar que nos movemos en campos diferentes.
Aqui estamos cun deseño próximo ao profesional, cunha estética claramente relacionda co tema proposto. A estructuración dos contidos é moi adecuada, e a funcionalidade evidente. Os contidos son variados e de calidade (iso sabémolo moi ben por cousas obvias)

CHITA FAN CLUB. 7

O deseño non me gusta. Parécenme unhas cores que non combinan coa imaxe de fondo.
Pero isto é unha situación acontecida en varias web, como por exemplo a nosa.
Os contidos, de interese, atópanse cunha estruturación óptima, podendo atopar diferentes tipos de contido en varios lugares diferentes.
A funcionalidade da páxina aporta unha idea, crear algo semellante ao Xabarín Club, pero nunha versión mellorada. Boa labor de documentación de contidos

M. GESTEIRA. 8,5

Só hai un aspecto na web que non me gusta de todo, o fondo branco. Non obstante, o resto está realizado con boas perspectivas.
O deseño pode parecer moi sinxelo, pero iso é do que se trata. Ofrece detalles de todo o que debe aportar, e a estrutura é a adecuada.
A funcionalidade é clara: crear unha páxina web sobre unha empresa. Para iso, apoiase dos contidos que nos mostra.

MEQUETREFES. 7,5

O deseño non me parece o mais acertado (bueno, hai páxinas peores, sen nomear ningunha de deportes). Non obstante, as seguintes páxinas animan a estrutura da páxina.
A tipografía é extraña, pero outorga maior dinamismo.
Pero falemos de aspectos positivos. A páxina está ben estructurada, e a funcionalidade está clara: o tratamento dunha páxina propia dun grupo de teatro.
A extravagancia desta páxina é o que me gusta dela.

SE TE VA LA OLLA. 7

Queda claro que se lle foi a olla con esta páxina. O deseño ten unhas cores un tanto fashion, e as letras posúen unha tipografía dinámica.
A páxina está ben estruturada. Menú superior, para poder atoparnos dentro da páxina.
Pero só hai un detalle que falla: os enlaces. Non vou valorar este aspecto na miña valoración, posto que está todo en mans de Marita (a ver que pasa).
Os contidos non se poden calificar polo erro dos enlaces, pero é de supoñer que son amplios e diversos.
A funcionalidade estaría marcada polo público ao que vai dirixida, a xente xove.

MASTERCAVS. 8

O deseño non me convence por completo no uso das cores e do fondo. Pero nótase que se trata dunha páxina ben traballada, tanto nos contidos como na estruturación dos mesmos.
A páxina principal, deixando a un lado o tema da estética, boto en falta un pequeno detalle: unha pequena descrición debaixo dos ases que nos presenta, para saber que aí nos temos que dirixir.
Pero os contidos nótase que foron escollidos nunha ardua tarefa de selección dos mesmos. A estruturación da páxina é óptima e adecuada. A funcionalidade da mesma serve para deixar ver o que vale un CAV.

SMDb. 9,5

Antes de valorar esta páxina quixera facer un comentario, e espero que ninguen se enfade. Penso que hai que estar trallado para facer unha páxina sobre Satán. Xa está.
No que respecta puramente á web,que é o importante, o deseño está moi ben elaborado, e os contidos están buscados e rebuscados.
O detalle da espalda coas letras e os números que, ao seren pulsados abren varios menús, son o resultado dun bo proceso de elaboración da web. Desta forma, estrutúranse os contidos.
Para rematar, so sinalar que a funcionalidade da páxina é atopar a relación do Cine con Satán e que penso que o conseguiron.


DEPORTE NO ES SOLO FUTBOL. 5

Para analizar a web que fixemos, vou tentar de ser o máis sincero posible. Se digo que é unha marabilla, estaría a mentir e se digo que é unha merda, estaría sendo moi duro.
Por que unha nota baixa? Principalmente, porque o nivel de esixencia que nos marcamos é elevado. E como é tan alto, penso que o podiamos facer notablemente mellor.
Segundo, penso que cometemos varios erros na elaboración da web, caso das cores, do fondo, da estética, da resolución...; fallos que, ao ler os comentarios que realizan os demais, penso que quedan en evidencia.

Pero tamén conseguimos aspectos bos, como a estruturación da páxina, os pasatempos, os enlaces (que nos tocaron moito as narices), os contidos...

E mais, ao observar as demais páxinas, caemos en aspectos que poderiamos mellorar, e ese é o principal defecto da nosa páxina: ver que os demais fixeron cousas que nos non fomos capaces de facer.


D. ANTONIO

1 comentario:

  1. ALEGROME, D. ANTONIO, DE QUE LLE GUSTARA A EXTRAVAGANCIA DA PAXINA, AINDA QUE NON FORA O PRICIPAL OBXECTIVO DO ENFOQUE DE DESEÑO QUE LLE DEMOS.
    PARECEME CURIOSO QUE DIGA QUE A TIPOGRAFIA LLE OUTORGA DINAMISMO, PERO REFLEXIONAREMOS SOBRE ISO.
    SUPOÑO QUE APARTE DE TODAS ESTAS REFLEXIONS TAMEN DECIDIRIA ASISTO¡IR AO PROXIMO ESPECTACULO DO GRUPO.

    UN SAUDO

    PATRICIA COUCHEIRO

    ResponderEliminar