domingo, 24 de enero de 2010

dereito e propiedade intelectual

O tema que escolleron os nosos compañeiros de Cabalo Feliz era un tanto complicado e dificil de tratar, dado que os temas xudiciais conlevan grande complexidade.
Pero os nosos compañeiros non teñen medo a nada e atrevéronse con isto.

A súa explicación versa sobre a a propiedade intelectual e o dereito de uso de arquivos e ou contidos doutras plataformas, e sobre se este aspecto conleva á ilegalidade ou se polo contrario, estamos diante de temas legais.
A exposición xira en torno ao tema da piratería e a apropiación de material axeno, como pode ser a música descargada do Internet. Pero a lexislación regula estos aspectos en forma de leis ou de cánones.

O grupo apoiase en numerosos exemplos para explicar o tema, xa que se se centrasen só en citar a lexislación sería moi fatigoso. Por iso, amósannos varios vídeos acerca de avogados que dan a súa versión sobre a legalidade e a propiedade intelectual.
Outro aspecto a tratar é o tema da SGAE. Este grupúsculo que defende a propiedade intelectual de algúns, impoñendom o seu cánon dixital.

Os nosos compañeiros aportan exemplos acontecidos en relación a este tema, véxanse os casos de Ivan Ferreiro o caso de Los Planet, en consonancia co dereito e a reclamación da propiedade intelectual.

Persoalmente, e como xa comentei nalgún blog, quero citar o coñecido caso de Telecinco e LaSexta polo polémico uso de imaxes. Creo que Telecinco pasouse un pouco no tema, xa que, na miña opinión, La Sexta respetou a propiedade intelectual, posto que en ningún caso, ofreceu as imaxes como súas.

6 comentarios:

  1. Quedamos definitivamente o mércores 7 de abril, a partir das 16:30 para, en primeiro lugar, subir os proxectos ó servidor e, a continuación, facer a presentación da páxina: que fixestedes, cómo a fixestedes, por qué a fixestedes e dificultades. Unha breve presentación para que despois se poidan avaliar cada proxecto individualmente (nada de grupo).
    Tampouco vou esquecer revisar os blogs e ver se fustedes incorporando os resumos de cada exposición.
    As titorías neste cuadrimestre son: martes, de 18:00 a 20:30 e mércores, de 10:30 a 14:00 horas.
    Lembrade tamén de usar o meu correo electrónico, e o de Fran para dúbidas sobre flash.
    Os días 8, 9, 10, 15, 16 e 17 polas tardes, Fran andará (bó os dous) pola Facultade.
    Se precisades que quedemos nalgún momento algunha clase máis, non habería problema. só temos que poñernos dacordo todos e todas.
    ánimo
    marotlo, (23/02/10)

    ResponderEliminar
  2. Último e definitivo cambio.
    Cita: luns, día 12 de abril, ás 16:30, na AI6.
    Programa de festas:
    1. subir os proxectos ó servidor
    2. facer a presentación da páxina (que fixestedes, cómo a fixestedes, por qué a fixestedes e dificultades). Unha breve presentación o magnífico traballo realizado (para un sobresaliente)
    3. avaliar cada proxecto individualmente e poñendo unha nota real, non de amigos.
    marotlo (25/2/10)

    ResponderEliminar
  3. En total, na clase existen 14 blogs, ¿onde están os enderezos??????
    marotlo

    ResponderEliminar
  4. Quero que nos vexamos como mínimo 4 veces, antes da entraga do proxecto, para que me comentedes como vai o traballo. En titorías ou noutro momento que estea pola facultade e non teña clase. Podemos fixar as citas a través do correo electrónico.
    marotlo

    ResponderEliminar
  5. Hola lacazáns!! si nos os entre mucho sueño, podríais pasaros por nuestro blog para ver un poco cual es nuestra postura sobre el tema del grupo Cabalo Felíz...:) Muchas gracias!!Saludos!:)

    ResponderEliminar
  6. si, dende logo,comision de festas pensa igual, os de telecinco aguaron a festa a os da sexta de xeito esaxerado. Mais Se lo que hicisteis segue a sua andadura.

    ResponderEliminar