domingo, 24 de enero de 2010

deseño para o usuario

A exposición amósanos que o obxectivo dunha páxina web é a facilidade de uso para o visitante. Para isto, ofrécennos varias pautas para a realización de webs orientadas a axuda para o usuario da mesma.

A portada debe anunciar e comunicar de xeito inmediato; o propósito da web debe ser claro e explícito. O deseño debe afrontarse dun modo consistente, cun estilo uniforme e unha identidade estilística en toda a estrutura da mesma (o usuario debe de familiarizarse de forma intuitiva coa páxina)
É importante atopar follas de ruta e menús de navegación, ou evitar a excesiva implantación de información, que debe estar estructurada.

A páxina debe adaptarse a condicións de credibilidade. A información ten que apreciarse cunha propia arquitectura, con xerarquización, unha boa presentación e interactividade. Para rematar, ofrécennos as condicións de bo deseño, onde destaca, a innovación pu a durabilidade.

Queremos resaltar finalmente que a exposición foi un tanto teórica, botando en falta algún exemplo mais

1 comentario:

  1. Poida que fora un pouco teórica, pero non hai que esquecer que cada web é un mundo e que polo tanto non se debe simplificar o deseño dunha web polo que en teoría debería ofrecer.


    Yogurt Parade

    ResponderEliminar