As nosas queridísimas compañeiras optaron por realizar unha exposición de carácter audiovisual, en lugar da típica explicación oral.
Coa proxección dun vídeo, trataron de explicar con calidade a historia da animación, desde o primeiro debuxo animado (Mickey Mouse) ata a introdución do cinema en 3D, substituíndo ao debuxo tradicional.
Todo comeza coa aparición da imaxe cinematográfica, a comezos do século XX. O ratón Mickey foi unha das primeiras imaxes animadas, e por ende, a de maior importancia. Pouco a pouco, foronse creando importantes industrias de cine animado, que accederon á creación de novos debuxos e a narración de historias, véxase o pato Lucas ou o pato Donald. Co paso do tempo, os debuxos animados foron evolucionando, pasando de seren un simple debuxo con movemento a aparecer debuxos con grande importancia virtual e complexidade técnica.
Os úlitmos tempos, a animación colleu maior importancia das novas tecnoloxías, e comezaron a xurdir novas propostas, denominadas 3D. O ordenador adquire unha relevancia fundamental na configuración destas propostas actuais, e destacando na producción de novos proxectos.
Para rematar esta crónica, resaltar o bo facer das nosas compañeiras Raquel, Elena e Alvera. Tratan de contarnos unha historia para introducirnos o vídeo explicatorio, e fano dun xeito moi animado, malia a redundancia.
Desde aqui, os lacazans queremos resaltar o fin do vídeo, que non poidemos ver en clase. É un vídeo un pouco extraño pero moi ameno.
~~~ WE LIKE TO MOVE IT WITH AsDeKopas ~~~
No hay comentarios:
Publicar un comentario