domingo, 24 de enero de 2010

Grafismo en televisión

O grafismo está presente en todos os aspectos e programas audiovisuais, pero sobre todo na televisión. Así podemos atopar numerosos exemplos que nos amosan a importancia deste á hora de realizar e producir productos multimedia.

Os nosos compañeiros, cunha exposición áxil e interactiva, tratan de levarnos ata o mundillo dos deseñadores gráficos televisivos.
Habitualmente, este aspecto pode relacionarse co deseño de canles (logos e animacións) ou nas cabeceiras de programas. Pero o grafismo vai mais alá de todo isto, apoiándose na propia realización dos programas. Isto é doado de atopar en temas como por exemplo nos telediarios (uso de marcos ou "moscas", que serven de identificación)
A importancia do grafismo na televisión destaca sobre todo nas retransmisións deportivas. Neste caso, ao espectador interésalle coñecer detalles de forma moi gráfica, e os realizadores axúdanse de animacións e uso de gráficos.
A realidade virtual tamén é unha expresión de grafismo. Os programas utilizan animacións virtuais para poder esclarecer e explicar feitos.

Como explicamos antes, os deseñadores gráficos esméranse en realizacións gráficas que sexan capaces de atraer ao espectador. Por iso, as cabeceiras de cadeas televisivas e as moscas de identificación, son moi apreciadas pola audiencia e serven para identificar as cadeas.

Por último, resaltar a calidade da exposición e do vídeo inicial, xa subido a internet. A exposición foi amena e por momentos graciosa, incluso mellor que a nosa, que xa é dicir

1 comentario: