viernes, 22 de enero de 2010

Exposición sobre o retoque fotográfico

Os nosos compañeiros de Pataca Minuta expuxeron o pasado 20 de xaneiro o seu traballo sobre a ética e o retoque fotográfico.

Desde o punto de vista teórico, a información proporcionada foi a xusta, sen pasarse e sen quedarse curtos (a imprescindible para entender o traballo e a xusta para non perderse). Os exemplos que nos proporcionaron foron do noso agrado todos eles. Pareceunos un detallazo o talante democrático amosado polos poñentes á hora de preguntarlle ao público en qué orde desexariamos ver eses exemplos.

Poderíamos poñerlle unha pega ao traballo: os casos mostrados eran todos un pouco "extremistas"; é dicir, eran máis ben mostras de cánto poden cambiar as persoas fotografiadas despois de pasar polo Photoshop. Botamos en falta, xa que logo, exemplos máis realistas, menos esaxerados. Aínda así, moi ben.

Foi un punto a favor dos nosos compañeiros o feito de que recorresen ao noso profesor de Fotografía, Vítor Vaqueiro, para que expresase o seu punto de vista sobre as cuestións que os membros de Pataca Minuta tiñan pensado abordar na exposición.

Eu persoalmente (Borja) non estou moi a favor do uso do Photoshop nas fotografías, especialmente nas que van ser publicadas en revistas e xornais. Penso que o Photoshop se debería utilizar como unha especie de "maquillaxe virtual", de xeito que as persoas fotografadas aparecesen levemente melloradas, pero sen que se note demasiado, o xusto. A min faime dano na vista ver algunha fotografía tan sumamente retocada que se nota de lonxe que está modificada, como estas dúas:

http://www.formulatv.com/visor.php?type=4&num=9073&pers=685 ou esta
http://www.formulatv.com/visor.php?type=4&num=10783&pers=236

Pero bueno... Esta é a miña opinión, tan respectable coma o de calquera outra persoa.

2 comentarios:

  1. Borja menudos ejemplos! son geniales... la verdad es que nosotras opinamos que el uso de programas de edición de fotografías hace que,en algunos casos, mejore la imagen, pero en otros, como tus dos fotos, son una burla a nuestra inteligencia y a la propia persona que sale en la imagen, quien se lo cree¿?...si aún fueran modelos que no se ven normalmente, pero precisamnete Ana Rosa Quintana y MªTeresa Campos salen en la tele un día si y otro también...q fuerte!

    Gracias por subirlas y gracias a Pataca Minuta por sacar el tema...si puedes pásate por nuestro blog y mira nuestro comentario sobre el retoque y fíjate en nuestra noticia...es otra manera d engañar:)

    ResponderEliminar
  2. Borja, si señor, o retoque debería usarse só para eliminar aqueles pequenos detalles que non alteran realmente a percepción dunha face ou dunha persoa, é dicir, corrixir pequenos erros e iso.

    Yogurt Parade

    ResponderEliminar