A continuación imos comentar a exposición sobre os títulos de crédito, realizada polos nosos compañeiros de Salpicón de Marisco.
Pareceunos unha exposición bastante amena e á vez con moita información útil. Estes aspectos víronse moi reforzados polos exemplos que nos ofreceron, os cales nos pareceron moi ilustrativos e nos gustaron moito. Se tivésemos que poñerlle unha pega á esta poñencia sería a súa duración: quizais foi un pouco longa, non para os ouvintes (ou sexa, o resto da clase), senón para o grupo que tiña que expoñer despois. Non obstante, entendemos que é moi difícil controlar os tempos e que non o fixestes con mala intención.
Resúltanos moi curioso o xogo que poden chegar a dar os títulos de crédito. Eles incluso lle dan certa personalidade e entidade ao programa, á película ou á serie á que pertencen, ou axudan a reforzala. Poden ser como unha seña de identidade. Cando vemos esa película ou esa serie, sabemos que eses títulos de crédito existen, ou que algúns son máis orixinais ca outros, pero case nunca lles prestamos a atención debida. Incluso os botamos en falta se non aparecen. En realidade, non ollar eses títulos de crédito é como ver esa película ou ese programa a medias. Esta exposición fíxonos reflexionar sobre estas cuestións e, grazas a ela, aprendimos a valorar a importancia deste feito.
Prometemos que, a partir de agora, nos fixaremos sempre nos títulos de crédito. PALABRA DE LACAZÁNS
Las Marías piensan lo mismo del tiempo:)
ResponderEliminar