miércoles, 11 de noviembre de 2009

A nosa web: deportes raros que se practican no mundo

Logo de debatir entre numerosas opcións para escoller o tema central da nosa páxina, decidímonos polo tema dos "Deportes pouco coñecidos". Cremos que é un aspecto pouco explotado no panorama web e que chegaría dun xeito notorio a un amplo público, desexoso de coñecer as curiosidades que se atopan polo mundo no ámbito do deporte.

Co tema xa escollido, debemos de comezar a elaborar a nosa páxina. Partindo dunha labor de análise e de investigación de outros lugares da Internet,`podemos deducir as características dunha boa páxina web; características que tentaremos aplicar ao noso deseño. Por outra banda, buscamos unha planificación gráfica que presente algo novo e diferente a todo o que se poida atopar ata o momento.

A nosa páxina web contería as seguintes características

-Por un lado, fariamos diferenciacións, tanto a nivel xeográfico como das características que definen a cada un deles

-Comparacións cos seus deportes base, aqueles dos que proceden ou dos que están adaptados

-Caracterización de cada un deles, por medio tanto de información sobre a súa historia e modo de practicalos, así como un video que reflexe o funcionamento de cada deporte

-Enlaces a outras páxinas que poidan servir de complementación á nosa

-Foro de debate, co obxectivo de que o usuario poida expresar as súas opinións acerca do tema tratado


A páxina web estaría formada por unha portada, acompañada por alguhna animación; o uso das cores tamén sería relevante.
De distinta forma, segundo o requira, aparición de enlaces dentro da propia páxina, aínda que dun xeito que usuario non debera de perderse. Desta forma, conseguimos non apegar toda a información e mantela organizada, favorecendo a atención dos visitantes da páxina.
Por suposto, mostrar elementos que requiran a atención do usuario e unha linguaxe que lle axude a entender a distribución da páxina.

Loxicamente, aínda que publicamos esta idea, seguimos dándolle voltas ao tema do deseño. Isto non quere dicir que sexa a nosa planificación definitiva, senón que serían as bases do noso traballo


Os lacazans xa se poñen a traballar. Pronto publicaremos outra entrada.

Un saúdo

2 comentarios:

  1. ñaaaaaaaaaaaaaaaaam
    tedes que nincluir o testemuñodos fumdadores
    a ademais, estan presentes nos xogos olimpicos?eh?

    ResponderEliminar
  2. Non sabemos se o tedes en conta, pero correr detrás do queixo é un deporte marabilloso que debía aparecer na vosa web!

    ResponderEliminar