Tócanos facer un guión para debatir a calidade dos contidos das páxinas web que se poden atopar. Obviamente, non se trata de sinalar só se son boas ou malas: iso é moi fácil e non fai falta estudiar deseño gráfico para facelo.
Supoñemos que os guións tipo de cada grupo conterán a típica estructura de presentación, núcleo e conclusións. Pois non sería mala idea se fixesemos esa estrutura para o noso guión.
Presentación. Deberiamos expresar o que se vai a tratar na exposición e a forma de facelo. Sería unha especie de introducción ao tema
Núcleo. É a parte máis complexa da exposición. Precisamos explicar o que é un contido (non vos riades), as clases de contidos que existen na web e as características dun bo e dun mal deseño deses contidos. Utilizaremos varios exemplos para a explicación
Conclusións. É a nosa obriga facer unhas conclusións acerca da investigación analítica que facemos. Sinalar como deben ser os contidos dunha páxina web para que as webs desta clase sexan de sublime calidade (como vai ser a nosa)
Isto é un boceto do noso posible guión. Quédanlle retoques e xa estará listo para expoñer.
Comentade posibles ideas para o guión, por favor.
Fomos lacazáns, somos lacazáns e seremos lacazáns (aínda que publiquemos entradas)
Un saúdo
No hay comentarios:
Publicar un comentario