viernes, 20 de noviembre de 2009

Análise do deseño e do contido de diversas páxinas web

A continuación, imos analizar brevemente algunhas páxinas web que non destacan por ser moi boas nin moi malas:

1. www.elcorreogallego.es
Deseño: Predominio dos azuis. Clásico. Moitas fotos.
Contidos: Ás veces tenden cara ao localismo (Santiago) no tratamento de informacións espiñosas, como as infraestruturas.

2. www.lavozdegalicia.es
Deseño: Titulares cun tipo de letra maior. Máis noticias na portada. Fotos.
Contidos: Destaca a participación interactiva (a través de enquisas) e os suplementos. Máis subseccións (La Voz de A Coruña, Santiago, Ourense…). Destacan o transcurso dos partidos na parte superior. Ás veces tenden cara ao localismo (Coruña).

3. www.meteogalicia.es
Deseño: Bastante sinxelo, sen grandes florituras. Abundancia de verdes e marróns. Destacar que é mellor este deseño ca o que tiña a anterior páxina (www.meteogalicia.com)
Contidos: A información que precisa, nin máis nin menos. Mapas facilmente comprensibles.

4. www.youtube.com
Deseño: Simple (sobre todo tendo en conta as múltiples posibilidades que ofrece). Predomina o branco. Quizais estaría ben cun chisco máis de cor. Falta de orixinalidade.
Contidos: Gran cantidade de vídeos, aínda que non todos eles teñen a calidade desexada. En portada, aparece o máis destacado por temas ou seccións e os vídeos que máis lle poden interesar ao usuario (en función dos vídeos vistos en sesións anteriores).

5. www.google.es
Deseño: Portada sinxela, na tónica da de Youtube. Predomina o branco. Cada letra do logotipo é dunha cor. É como se lle faltase algo. Falta de orixinalidade.
Contidos: O que lle falta na imaxe de portada compénsao cos contidos. Demasiada publicidade. Ofrece grandes posibilidades de atopar o que precisas.

6. www.crtvg.es
Deseño: Sinxelo, incluso de máis. Agradeceríase máis orixinalidade e máis dinamismo.
Contidos: Bastante información sobre a programación, pero para esa información ábrese outra ventá ( certa incomodidade). Contidos á carta (de agradecer), pero outras opcións (ex: foros) totalmente desaproveitadas e que poderían dar moito máis de si. Ausencia de enquisas. En definitiva, interacción case nula.

7. www.vertele.com
Deseño: Máis serio ca o anterior (quizais polo predominio de cores verdosas)  Menos atractiva para o internauta. Fotos e vídeos.
Contidos: Moita información sobre TV, con maior rigor xornalístico ca a anterior. Destacar a gran cantidade de links (vínculos) con outras webs de contidos complementarios (do sector dos mass media).

8. www.formulatv.com
Deseño: colorido, fresco, dinámico, atractivo á vista. Bastante bo. Fotos e vídeos.
Contidos: Moita información sobre TV, aínda que un pouco “tomatera” por momentos e cun punto de vista subxectivo no tratamento das noticias. Destacar a gran cantidade de seguidores e foreiros coa que conta.


Deixamos o seguinte enlace dunha noticia de www.formulatv.com na que se ve con bastante claridade o tratamento das informacións: http://www.formulatv.com/1,20091118,13356,1.html. Nesta noticia, especialmente no primeiro parágrafo (onde di "Los alumnos del Zurbarán podrían quedarse sin una profesora con la que enrollarse"), o redactor amosa unha opinión demasiado subxectiva sobre a serie "Física o química" e consideramos que é unha falta de respecto. OLLO!!! QUE OS LACAZÁNS NON SOMOS SEGUIDORES DA SERIE, pero pensamos que debe primar a obxectividade e o bo trato a todos os programas sen facer distincións.

Os Lacazáns comezan a traballar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario