Estas son as dúbidas sobre o temario que nos xurdiron:
1. Cales son as diferenzas entre os distintos formatos de imaxe GIF, JPEG/JPG e PNG, SVG?
2. Nunha páxina web, onde se pode comprobar o tipo de resolución que utiliza?
3. Que son as wikis? Teñen algo que ver con “wikipedia”?
4. Cal é a diferenza visual entre os distintos tipos de dar estilo a un documento (utilizando unha folla externa, utilizando o elemento "style" e utilizando estilos directamente)?
5. Despois de ler o documento "manual_estilo_informe09", etendemos que o apartado “informe” inclúe aqueles aspectos relacionados coa idea inicial do proxecto (definición, obxectivos, público obxectivo…) e “manual de estilo”, aqueles aspectos que atinxen directamente á posta en marcha do proxecto, aos aspectos máis perceptivos (imaxes, son, iconos, pantalla, tipografía…). Entón, os bocetos e a actualización de contidos non deberían incluírse en “manual de estilo”?
6. En que se diferencian os logs dos tags?
7. Que é un sistema on line e un sistema off line?
Arquivos de imaxe. GIF: habitual na web para ilustracións e imaxes con cores planos; permite animación, transparencia e comprime sen perdas de calidade altas.
ResponderEliminarJPEG/JPG: tamén habitual na web; úsase para fotogafías e imaxes de gran tamaño e moitas cores. Tamén é un formato comprimido con perdas, pero non presenta mala calidade. Pode axustarse sen que se noten esas perdas.
PNG, é un tipo de arquivo con gran compresión e sen perdas na calidade. Permite animación e transparencia. Foi deseñado para reemplazar ó gif.
SVG. É unha linguaxe para describir gráficos vectoriais bidimensionais, tanto estáticos como animados. É escalable, compacto, con formas editables e contornos suavizados, permite transparencias e animacións. É un estándar definido polo W3C.
Resolución. A resolución é a pantalla do usuario. Dependendo da resolución do propio ordenador, así se verá a páxina web. No despacho teño unha pantalla cunha resolución de 1440 por 900 píxeles. Se a páxina está nunca resolución inferior, o contido non ocupa toda a miña pantalla. Se estivera nunca resolución superior, aparecerían as barras de desprazamento horizontalmente, e se a páxina está pensada para a mesma resolución que teño, ocuparía de forma natural o espazo da pantalla que teño.
Wikis. Xa está respostada noutro blog.
Follas de estilo. Se a folla de estilo é externa eu traballo todos os elementos como se fose un documento aparte e o único é que voy enlazando esa folla a todas as páxinas que forman o meu sitio. Coas outras dúas formas actúase sobre o documento. Nun caso, o estilo aparece de forma xeral no encabezado do documento e se van creando estilo para as distintas partes do documento: títulos, texto, párrafos, cores, etc. E cando se fala de estilos direcamente é cando se cambia a cor ou o corpo da letra directamente sobre os elementos, tal como se van facendo. Cando vexamos Dreamweaver veremos as distintas partes do documento e así xa se percibe a diferencia.
marotlo
manual_estilo_informe09. Poderíase facer. Bocetos e actualización aparecen en informe porque son consideracións globais. A actualización é algo que se establece desde o principio como unha norma global de funcionamento sistemático da web e, en canto, os bocetos son como os primeiros pasos, como un punto de partida. O que pasa que o manual está pensado para os elementos que inciden na presentación do sitio, unhas normas que mentras que non se cambien, van a definir como se fan as cousas. Pero poderían estar tamén no manual de estilo.
ResponderEliminarLogs e tag. Logs, son arquivos nos que se recollen as visitas que teñen as páxinas dun sitio web (hai xa unha resposta noutra bitácora). Tags son etiquetas que permiten buscar contidos temáticos a partir delas. As etiquetas, por ejemplo, aparecen cada vez que facedes unha entrada na bitácora, aparecendo un recadro de texto que permite identificar o voso contido a través de palabras claves.
Sistema on line e sistema off line. O primeiro é Internet cando estás conectado. Off line é un Cd ou un Dvd, non precisas unha conexión a unha rede para poder utilizar eses soportes.
Se tendes máis dúbidas, insistide
marotlo