A Wikipedia é unha ferramenta poderosa cunha comunidade global de máis de 150.000 voluntarios, máis de 20 empregados permanentes, que teñen escrito 11 millóns de artigos en 265 linguas (482.000 deles en español, a unha velocidade de 400 novos por día). Foi fundada co obxectivo de "distribuír gratuíta a totalidade do saber mundial a todas as persoas do planeta, na lingua que este elixa, baixo unha licenza libre que permite modificar, adaptar, reutilizar e redistribuír libremente”. Ademais é gratis, rápida, pódese correxir no acto, ten capacidade infinita e é unha útil ferramenta educativa.
Non obstante, a Wikipedia tamén ten unha serie de inconvintes que fan que exista certo debate arredor dela. Os fallos máis notables desta serían entre outros, o anonimato dos autores dos artigos ou que sexa considerada unha enciclopedia (cousa que non é concretamente). Ademais, é unha fonte de difamación e violación do copyright.
En España, máis de seis millóns de persoas len a Wikipedia todos os meses. Esta aventaxa considerablemente as versións en liña das enciclopedias tradicionais. Pero que podemos dicir sobre a súa fiabilidade? É correcto elevala á categoría de enciclopedia?
O debate queda aberto. Expresade as vosas opinións e non me sexades lacazáns.
en honor á calidade dos contidos estaría ben saber cal é a fonte dese texto e o enderezo, ou o autor. Aquí ó mellor tamén estamos atacando ó copyritht, claro que eu penso que non é un sistema moi democrático. Ademais como xa sabemos a outras formas de garantir a identificación das fontes, dos autores.
ResponderEliminarO debate estaría moi ben se houbera participación. Que necesita, un comité de expertos que poida revisar os contidos das entradas. Hai cousas que están ben e a colaboración entre os autores desinteresada sempre é relevante. A que deixar que a cultura estea en máns de catro empresas que manexan os fíos das aportacións. Hai moitas ventaxas que fan da wikipedia un traballo colaborativo interesante.
¿ONDE ESTÁN AS OPINIÓNS?
marotlo