lunes, 14 de diciembre de 2009

Exposición sobre as redes sociais

A exposición realizada por Diego, Boris e Caterina pareceunos moi amena e bastante lixeira en canto a contidos. Destacamos o seguinte:

1. Hai un amplísimo abanico de redes sociais (moitas máis das que nos imaxinamos). O mundo das redes sociais non se reduce a Tuenti e Facebook.

2. Estas redes sociais pódense clasificar en función de determinados parámetros ou temas. Así, algunhas redes son máis acordes para a música (exemplo: Myspace), outros para a comunicación entre os membros dunha mesma empresa, outras para universitarios (Tuenti ou Facebook)...

3. Hai que ter en conta as tres C: Coñecementos, Comunidade e Cooperación.

A introdución de vídeos aclaratorios e dunha análise práctica das redes sociais máis estendidas pareceunos moi ilustrativo.

E agora non vou falar como parte do grupo "O Recuncho dos Lacazáns", senón como Borja. Os compañeiros que realizaron esta exposición plantexaron un debate ó remate do mesmo no que nos invitaron a comentar qué redes usamos máis. Eu, persoalmente, son usuario habitual de Tuenti e Facebook, e habitualmente vexo vídeos en Youtube (aínda que non teño conta). Actualmente, tamén teño unha conta en Sonico, pero nunca a uso. Fai algún tempo tamén fun usuario de Hi5 (creo que se escribe así) e creo que dalgunha máis que xa non me acordo do nome. En realidade, estas contas abrinas todas na mesma época por probar a ver de qué iban. Pero un tempo despois, fun deixando de usalas case todas. Acórdome especialmente do caso de Hi5, porque me costou moitísimo cerrar a conta (a día de hoxe non estou seguro de que estea definitivamente clausurada). E, en parte a raíz deste traballo das redes sociais, probei a cerrar unha das dúas contas que teño en Tuenti e que, ata o de agora, tiven inutilizada. De momento non estou atopando especiais dificultades, pero con estas cousas xa se sabe: é moi fácil entrar, pero dificilísimo saír.

Na miña opinión, as redes sociais son produto da gran cantidade de cousas que nos permite facer Internet. Poden ser útiles para manter contacto cos teus amigos e coñecidos (ou incluso coa familia), aínda que eu cada vez me sinto máis saturado entre tantas formas de comunicación (Tuenti, Facebook, e-mail, Messenger).

A todo isto (e xa acabo), hai que sumarlle que nas redes sociais pos a disposición de todo o mundo información privada sobre ti, e as leis sobre estas cuestións están moi pouco desenvolvidas. Por iso, o correo electrónico e o Messenger me parecen formas máis seguras de comunicación multimedia. Aínda que isto tamén se pode paliar se na túa conta de Tuenti ou de Facebook agregas só a xente da túa confianza e se activas os filtros que ofrece a rede social. E tamén está o recurso de non introducir o teu nome real na túa conta.

En definitiva, penso que as redes sociais están ben como alternativa ó correo electrónico ou ó Messenger, sempre e cando sexan usadas con cordura e moderación.

2 comentarios:

  1. O profesor Saco elaborou un vídeo tutorial sobre Dreamweaver ó que podedes acceder a partir de USC virtual>campus virtual da Usc> e xa nesta dirección
    http://www.usc.es/campusvirtual/
    identificadesvos, buscades a materia de Deseño e buscades o tutorial.
    marotlo

    ResponderEliminar
  2. Hai moitas leis, demasiadas, moitas veces o problema é a desinformación. Penso que non é unha cuestión de máis lexislación restrictiva. A única norma é que a información que se deixa tiña que desaparecer no seguinte segundo no que deixas o sitio. O que non é xusto é ese almacenamento de datos, de información sobre o que se fai... Esta debería ser a única norma. Pero tamén hai que ser conscientes de que en internet non existe a privacidade, pode haber algo de seguridade, pero esixe tempo e precaucións que moitas veces non estamos dispostos a facer ou ter en conta.
    marotlo

    ResponderEliminar