Logo de observar a exposición que versaba sobre a Comunicación Visual, quedáronnos claros varios aspectos de importancia que nos poden servir á hora de comezar a realización das nosas páxinas web
1. É preciso contar cunha boa estratexia de comunicación visual. Para comunicar, é aconsellable a utilización de fotografías ou vídeos, que faciliten a atención do usuario
2. Grande importancia na elección das cores. Unha boa escolla pode influenciar de cara aos posibles visitantes. Dependendo do que queiramos transmitir elixiremos entre unhas ou outras dentro da gama de cores
3. Boa estruturación dos contidos. A estruturación destes debe servir para que o usuario non se perda. Na comunicación visual, é un dos aspectos máis importantes xa que serve de axuda ao visitante
4. Unitaria. Os elementos dunha páxina web non deben ir por libre senón que teñen que formar un conxunto en si mesmo. É importante non atopar disparidade de elementos dentro dunha mesma web
5. Comunicación. Debemos escoller ben a forma de comunicar o que queremos contar. Para iso, precisamos unha linguaxe accesible ao usuario. Aconsellánnos na exposición que utilicemos unha tipografía adecuada e unha linguaxe clara, sinxela e facilmente entendible
Consideramos que se tratou dunha boa exposición. Ademais de ofrecernos información de moita utilidade para o deseño gráfico e a animación nun contorno audiovisual e multimedia (internet), destacaron os exemplos que aportaron e o dinamismo que nos ofreceron os nosos compañeiros.
O deseño é comunicación, polo que é necesario documentación e análise do produto que se vai deseñar, despois coñecemento dos elementos que participan no deseño, despois imaxinación e tamén traballo, moito traballo. ás veces hai inspiracións, pero a inspiración ten que vir ou ven cando se está traballando.
ResponderEliminarmarotlo