miércoles, 9 de diciembre de 2009

Exposición sobre os logotipos

A exposición sobre os logotipos realizada por Zaida, Lucía e Patricia foi moi correcta e foron capaces de captar a atención dos alí presentes. Resaltaríamos varias cuestións deste traballo:

1. Non todo o que chamamos logotipo é un logotipo propiamente dito, senón que existen diferentes conceptos para referirse a realidades parecidas pero distintas.

2. O logotipo é un elemento clave que hai que ter en conta á hora de publicitarse; e, na súa creación, cómpre analizar o tipo de público ao que nos diriximos, a imaxe que queremos transmitirlle ao público e aos nosos competidores.

3. Deste xeito, o logotipo debe ser un elemento identificativo e diferenciador, de forma que hai que analizar con detalle o debuxo, as cores, o tipo e o tamaño da letra...

A entrevista-conversa coas “Maruxas Creativas” é un punto a favor para as nosas compañeiras. Non obstante, quizais poderían sacarlle máis proveito, en vez de centrarse tanto en cuestións teóricas. Sería moi interesante poñerlles cara e voz a esas “Maruxas” (unha pena que non quixesen ser gravadas). Realmente, quedamos sen saber quen son.

Por último, o remate da exposición co xogo foi un acerto. O malo é o pouco tempo do que dispuxeron para desenvolvelo.

3 comentarios:

  1. Gracias compañeiros.
    Levades razón, é unha pena facer unha entrevista e non ter nada que a apoie nada máis que uns apuntamentos, pero hai que respetar ao entrevistado, gaxes do oficio XD.


    festa!!!!

    ResponderEliminar
  2. yo no voy a comentar como comision de festas, voy a comentar como Zaida. En el comentario sobre vuestra exposicion no pretendimos ni faltaros al respeto ni, mucho menos, insinuar que era una mierda. simplemente lo dijimos por si podiamos ayudaros en cuanto a la exposición (a nosotros nos paso el año pasado en analisis cuando nos fallaba el portatil; igual que a vosotros el problema con las diapositivas, pero son cosas que pasan y hay que intentar que no influyan en la exposicion ni provoquen la evasion de los receptores). El contenido es evidente que estaba muy correcto.

    por otro lado, nuestro cometido no era crear mal ambiente entre los grupos, para la próxima tendremos más cuidado a la hora de exponer nuestras opiniones.

    eso si, al igual que nosotras os respetamos y nos dirigimos a vosotros con educacion, no creo que al autor del comentario le cueste mucho hacer lo mismo con nosotras. para el proximo casi mejor que se ahorre el sarcasmo...

    gracias, por otro lado, por resolver nuestras dudas.

    por mi parte no hay ningun problema, ni rencor, ni mal rollo; espero que por la vuestra tampoco :*)

    un saludo

    ResponderEliminar
  3. Vaia, vaia, comprobo que tendes o vosos corazonciños...
    Penso que as poucas interaccións que se diron entre grupos e persoas de grupos non foron demoledoras... máis ben, todo o contrario. Aínda que sempre é unha boa norma, pedir perdones a milleiros, tamén son útiles as críticas ben entendidas, é a forma de mellorar as ideas.
    marotlo

    ResponderEliminar